Rafael Louzán, imputado na Operación Patos

PONTEVEDRA>

 

O expresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, imputado na Operación Patos. A xuíza de Instrución número sete de Vigo notificou esta mañá o auto de imputacións correspondente á investigación sobre presuntas irregularidades en contratos públicos e recepción de agasallos que salpica a 50 persoas, entre políticos, técnicos de administracións e empresarios. Xunto a Louzán, súmanse como imputados tamén o ex vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa; o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a actual deputada socialista Isaura Abelairas ou a delegada da Xunta en Vigo María José Bravo Bosch.

 

 

A xuíza María del Carmen García Campos, responsable do xulgado de Instrución número 7 de Vigo, admitiu as peticións do Fiscal de Delitos Económicos e eleva a 50 os imputados no marco da Operación Patos, causa que investiga o presunto amaño de contratos de obras públicas e a recepción de agasallos por parte de cargos políticos. No auto notificado esta mañá, a maxistrada imputa ó ex presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e ó ex vicepresidente desta entidade, o tamén popular José Manuel Figueroa, xunto á delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, por supostas irregularidades en contratos públicos. Pola presunta recepción de agasallos, García Campos imputa ó alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero e á concelleira socialista, tamén deputada provincial, Isaura Abelairas. O límite fixado para considerar os agasallos como imputables fixouse en 600 euros.

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

 

No seu escrito, o Fiscal poñía en cuestión ata 44 adxudicacións de obras e servizos por un valor superior a 17 millóns de euros realizadas pola Xunta, a Deputación de Pontevedra e os concellos de Vigo, Pontevedra, Nigrán, Santiago e Ponteareas. Todas virarían en torno á empresa Eiriña. O seu administrador, Enrique Alonso Pais, está considerado o cerebro desta trama de amaños.

 

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/25/OPERACION_PATOS.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/25/OPERACION_PATOS.mp4{/flowplayer}