PONTEVEDRA> Conta atrás para a demolición do parque de maquinaria e da imprenta provincial na Xunqueira de Alba, en Pontevedra. A semana que vén arrancará o proxecto de contrución do novo parque no polígono de Barro e o desmantelamento das vellas instalación nas marismas. Ese espazo será recuperado como zona verde. Calcúlase que todo este proceso estará rematado a comezos de 2023.
É un dos grandes proxectos da Deputación de Pontevedra que está a piques de facerse realidade. Co arranque do 2022 comeza tamén o proceso de desmantelamento do parque de maquinaria e imprenta provincial, asentados na Xunqueira de Alba. Esta mañá, ese proxecto foi aprobado en Xunta de Goberno, cumprindo así os prazos previstos. A Deputación calcula que todos estes traballos estarán rematados a comezos do 2023.
Os traballadores da imprenta serán recolocados en diferentes departamentos do Pazo provincial. O parque de maquinaria, pola súa banda, trasladarase ao polígono de Barro. Vai ocupar 8.700 metros cadrados, con varios edificios de última xeración, que incorporan tamén elementos reutilizados das actuais instalacións.
Co novo parque construído e demolidos os vellos edificios da Xunqueria, comezará a súa restauración ambiental. Recuperarase así un espazo de recheo, gañado ás marismas nos anos 70 e 80. Esta operación suporá un investimento de 3,6 millóns de euros. Executarase en exclusiva con fondos provinciais.