A tradición mariñeira e os concertos, piares dunha XX Festa do Mar sen carpa gastronómica

POIO> A que si se celebrará este ano é a Festa do Mar, en Poio. Pero será unha cita diferente ao que nos ten acostumados. Non haberá carpa gastronómica, pero a programación contará con outros dous dos seus elementos máis característicos: a tradición mariñeira e os concertos musicais. Tamén esta vixésima edición a Festa incorpora unha novidade, expandéndose dende Combarro ata Raxó.

Neste 2021 o Verán en Poio recupera a Festa do Mar. A cita foi suspendida no 2020 pero este ano volve cunha importante novidade. Raxó únese a Combarro, repartíndose os seis días de programación da festa.

Entre o 20 e o 22 de agosto Combarro será o escenario da programación, que do 26 ao 28 trasladarse a Raxó. Non haberá carpa gastronómica, pero nesta vixésima edición a festa contará con dous dos seus elementos máis característicos: a tradición mariñeira e os concertos.

Este venres 20 de agosto comeza o Encontro de Embarcacións Tradicionais. Pola tarde abriranse as exposicións mentres que as navegacións e regatas iniciaranse o sábado 21. O domingo 22 haberá navegación libre e, x apola noite, a actuación da Orquestra Marbella.

Esta fin de semana celebrarase tamén unha nova edición do Armadiña Rock, con concertos na praza da Chousa. A cita tivo que reinventarse para adaptarse ás medidas sanitarias.

A fin de semana seguinte a festa será en Raxó. O día 26 abriranse as exposicións e ás 10 da noite celebrarase o concerto de Efecto Pasillo. O día 27 actuará La Ocaband, mentres que o 28 pecharase a programación con máis música e cunha navegación de embarcacións tradicionais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí