Actos festivos para reivincar un mundo sen guerras polo Día da Paz

RÍAS BAIXAS> Hoxe conmemórase o Día da Paz e non violencia. Moitos concellos da nosa contorna impulsaron actos reivindicativos coa rapazada como protagonista. En Poio aproveitaron a xornada para instalar “bancos das apertas” nos patios de diferentes colexios do municipio. En Caldas, os nenos e enas desfilaron pola vila baixo unha gran tea branca e en Sanxenxo, mentres, foron os maiores do municipio os que pediron dende o Centro de Día un mundo sen guerras.

Nun momento no que a as guerras e os conflitos se espallan por todo o planeta, a rapazada mobilízase reivindicando un mundo en paz. Hoxe, moitos concellos acolleron actos reivindicativos coincidindo co Día da Paz e da non Violencia. En Poio, aproveitaron a ocasión para presenta-la campaña dos bancos das apertas.

En Caldas, os nenos e enas desfilaron pola vila baixo unha gran tea branca que simboliza a paz. A actividade está impulsada polo CRA de Caldas.

En Sanxenxo, no Centro de Día, foron os maiores os que reivindicaron un mundo sen guerras. Mensaxes para a esperanza á que se sumaron tamén as traballadoras do servizo de axuda no fogar.

O acto rematou co pendurado colectivo de textos a prol da paz.