A Banda de Música de Pontevedra presenta o seu novo “Ciclo en clave de outono”

PONTEVEDRA> A Banda de Música de Pontevedra presentaba esta mañá a súa nova programación de outono coa que espera ter a boa acollida habitual. Un ciclo transitorio que ven marcado por un cambio na titularidade da dirección artística.

 

Non é casualidade que esta nova proposta outonal da banda de música se chame “Novos ventos, novas brisas, novos aires, novos mares”. Juan Lois Diéguez, que levaba dirixindo a esta agrupación dende o ano 2009 cede agora a batuta a Rafael Agulló. Farao no primeiro dos cinco concertos que conforman a súa programación para os meses de outubro, novembro e decembro nun emotivo acto de despedida onde estarán os dous.

Solistas, talentos próximos e un director convidado son os factores clave duns concertos que manteñen a profesionalidade da banda de música e que se poderán ver no Teatro Principal de Pontevedra polo prezo de 2€ cada un e 5€ o abono completo.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/28/ciclo_outono_banda_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/28/ciclo_outono_banda_pontevedra.mp4{/flowplayer}