Os hostaleiros de Pontevedra, Poio e Marín únense para reclamar máis axudas: “a situación é crítica”

PONTEVEDRA> Os hostaleiros de Pontevedra, Poio e Marín uníronse hoxe para pedir a axuda de todas as administracións. O sector esixiu a exención e devolución das taxas municipais, así como tamén o pago de gastos fixos de autónomos.

Este foi o berro máis repetido hoxe polos hostaleiros de Pontevedra, Poio e Marín. Un sector que se sinte coa “soga ao pescozo” tras as medidas antiCovid adoptadas polas diferentes administracións.

Os hostaleiros fan fincapé en que eles non son o problema desta pandemia, a pesar de que se lles intente perseguir e criminalizar.

O sector asegura que as axudas anunciadas ata o de agora son insuficientes e por iso esixen maiores medidas ás administracións públicas. Ademais, os hostaleiros piden tamén a exención e devolución das taxas municipais, así como o pago de gastos fixos mensuais de autónomos e empresarios do sector.

Os afectados aseguran que non pararán ata conseguir as súas demandas e non deixarán de lembrar á Xunta de Galicia que “todos somos hostalería”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí