PONTEVEDRA> No ano 2016 unha rapaza de Marcón denunciou a tres veciños de Monte Porreiro de 16, 20 e 22 anos por unha suposta violación. Catro anos máis tarde o Xulgado de Menores de Pontevedra deu a razón aos tres rapaces e condenou á moza a pasar 12 meses nun centro de día por unha denuncia falsa. Esta sentenza espertou aínda máis o malestar entre ás vítimas, que piden xustiza.
Ela é María Antonia Portela. Unha nai que pide xustiza. Dous dos seus fillos foron denunciados en 2016 xunto a outro veciño por agresión sexual, ameazas e violación de morada. Unha rapaza de Marcón aseguraba que os tres mozos de Monte Porreiro a violaran en grupo e, ademais, que un deles a ameazara por una rede social e entrara na súa vivenda sen permiso. Unha denuncia que terminou sendo falsa pero que provocou un dano irreparable entre os acusados.
Catro anos máis tarde, o Xulgado de Menores de Pontevedra condenou á rapaza de Marcón como autora de dous delitos de denuncia falsa. Ademais das indemnizacións aos mozos, a condena obriga a rapaza a asistir durante 12 meses a un centro de día. Unha sentenza que espertou, aínda mais, o malestar destas dúas familias.
María Antonia Portela asegura que a sentenza non foi xusta e pide que haxa un castigo maior tanto para a rapaza como para a súa nai.
Esta nai asegura que viviu un auténtico calvario e pide que se tomen medidas máis estritas para que isto non se volva a repetir.