Barro pon en valor a riqueza medio ambiental galega a través do laboratorio da paisaxe.

BARRO> Barro pon en valor a riqueza medio ambiental natural e construída da comunidade galega a través da segunda edición do laboratorio da paisaxe. Durante esta fin de semana realizaranse na vila obradoiros e exposición que poñen en valor o coidado das natureza galega. O obxectivo é fomentar o respecto polo medio ambiente.

A asociación musical cultural Tirante, en colaboración coa Xunta de Galicia, poñen en marcha unha nova edición do laboratorio da imaxe. Unhas xornadas celebradas en Barro para analizar a situación do territorio galego e as súas problemáticas.

As xornadas comezaron hoxe cunha mostra fotográfica que recolle unha escolma de distintas actuacións de arquitectos na comunidade galega respectando o medio ambiente, o sábado terá lugar tres obradoiros un de fotografía, outro de arquitectura e outro de arte na natureza, e o domingo terá lugar outra mostra. Todos os eventos contarán con relatores contrastados.

O obxectivo destas xornadas é transmitir aos participantes a importancia de tratar ao medio ambiente con respecto.

Cumprindo con todas as normativas sanitarias, o laboratorio só puido ofertas 10 prazas que xa están esgotadas. Aínda así, as mostras do venres e do domingo poderán visitarse na contorna do centro cívico de Barro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí