O SIPPA abrirá as súas portas o vindeiro tres de xaneiro en Fexdega

    PONTEVEDRA> O Salón de Panadería, Pastelería e Industrias Afines, SIPPA, abrira as súas portas o vindeiro tres de febreiro con moitas novidades. Máis dun centenar de empresas ocuparán os 12.000 metros cadrados do pavillón feiral de Fexdega para dar a coñecer as innovacións e tecnoloxías máis relevantes do sector.

    Á época neolítica hai que remontarse para coñecer os orixes do pan. Dende esa época este producto faise indispensable en calquera mesa. O longo dos anos fóronse experimentando cos productos ata crear diversas modalidades de pan. Deste xeito nace o Salón da Panadería, pastelería e industrias afines, SIPPA. O tres de xaneiro comezará a quinta edición desta feira que pretende dar a coñecer as novas tecnoloxías e avances deste sector. Aínda que nun primeiro momento creouse só a nivel provincial, hoxe FEXDEGA acolle a máis dun centenar de sinaturas do Noroeste español e do Norte de Portugal.

    Dende o tres ata o seis de febreiro a feira amosará diferentes materias primas, maquinarias, fornos, transportes e servicios de elaboración  para os profesionais e acollerá diferentes xornadas técnicas para todo o público. Deste xeito o sábado haberá unha conferencia sobre o pan e as innovacións tecnolóxicas e sobre a alimentación na infancia. O luns centrarase nos panadeiros e abordará a sanidade na panadería e a situación actual do sector a nivel nacional. A entidade Caixanova colaborará tamén con este salón que amosa as vantaxes da alimentación na que se atopa o pan.

    E por suposto a feira contará con diferentes degustacións do producto protagonista. 

    Redacción Salnés