PONTEVEDRA> As adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas continúan petando en portas estadounidenses. Esta mañá, a sé do consello regulador acolleu a primeira das dúas reunións de traballo que seis importadores norteamericanos manterán con 24 adegas inscritas. Trátase da primeira vez que se celebra esta iniciativa. Conquistar o mercado americano ou ampliar a súa presenza. Este é o obxectivo das 24 adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas que están a participar na iniciativa posta en marcha polo Consello Regulador. É a primeira vez que a Denominación de Orixe pon en marcha esta iniciativa, coa presenza de seis importadores de todo o territorio estadounidense. As reunións forman parte dunha misión inversa, durante a que poderán coñecer in situ as peculiaridades de Rías Baixas. Os importadores estiveron acompañados por Megan Pisani, da axencia Gregory White PR coa que se colabora no desenvolvemento do Plan de promoción do Consello Regulador en Estados Unidos. Segundo Pisani, esta actividade axuda a dar máis presenza aos Rías Baixas. Mínguez, pola súa banda, destacou o importante peso que Estados Unidos ten para as adegas e os caldos de Rías Baixas. Un mercado no que, asegurou, aínda queda moito percorrido.
Inicio PONTEVEDRA