Brasil interesase no modelo de xestión náutica de Portos de Galicia

PONTEVEDRA> O presidente de Portos de Galicia recibiu esta mañá ao responsable de turismo do Estado de Santa Catarina, en Brasil. A xuntanza podería servir á Consellería do Mar a abrir mercados náuticos en Sudamérica e así expandir o seu modelo de xestión.

O modelo de xestión náutica da Xunta de Galicia traspasa as fronteiras. O secretario de Turismo do Estado de Santa Catarina, no sur de Brasil, quixo reunirse esta mañá co presidente de Portos de Galicia para analizar o traballo que se realiza nos peiraos galegos. Na xuntanza mostrou o seu interese en trasladar o seu modelo a Sudamérica.

Portos de Galicia baralla, tras esta reunión, a posibilidade de abrir os mercados náuticos a Brasil.

Esta é a segunda visita destas características que Portos de Galicia recibe nas últimas semanas. Un indicador de que o modelo de xestión náutica da Xunta está dando que falar no resto de España e, incluso, no estranxeiro. Un motivo máis de satisfacción para a Consellería do Mar.