Sanxenxo, unha vila pantasma polas restricións do coronavirus

SANXENXO> As restricións impostas pola Xunta levan a Sanxenxo a converterse nunha vila pantasma. Na rúa apenas hai xente e a meirande parte dos locais hostaleiros permanecen pechados. Só uns poucos resisten servindo cafés para levar. O sector pon as súas esperanzas para a ponte da Constitución, sen saber aínda se para daquela seguirán en vigor ou non as medidas para frea-la covid.

A vila turística por excelencia das Rías Baixas presenta unha imaxe pouco habitual: rúas desérticas, sen apenas clientes nas tendas e con boa parte dos establcementos hostaleiros pechados.

No mítico paseo de Silgar non atopamos esta mañá ningún bar no que mercar un café. Si nesta rúa, onde tamén hai unha panadería. E agora, cun gran cartel na porta, a cousa parece que funciona.

Pola rúa, algúns xa andan cun café na man… Pero a outros cústalles o de pedir para levar. O sector da hostalaría é o máis prexudicado polas restricións impostas polo coronavirus. Dende o Consorcio recoñecen que as medidas son duras, pero que a saúde é o primeiro.

Pero agardan que todo isto sirva para salva-la Ponte da Constitución, no caso de que non se prorroguen as limitacións, que en principio rematarían o 4 de decembro.

Dende o Consorcio reclaman un salvavidas por parte das administracións a tódolos niveis. Celebran as axudas xa anunciadas, aínda que consideran que son precisas máis para que ninguén quede polo camiño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí