RIBADUMIA> Os populares de Ribadumia denuncian que algúns veciños están a recibir nas súas casas uns recibos de auga abusivos e desproporcionados, ao seu entender. A voceira do PP na vila presentou este martes unha queixa por rexistro no concello para dar solución a este problema. Veciños de Sisán e Barrantes están molestos ante os recibos da auga que lles están chegando estes días. Uns recibos que segundo afirma a voceira do PP en Ribadumia que son abusivos e desproporcionados. Para Peña esta situación dáse porque o concello non leu os contadores o ano pasado, e agora os recibos recollen o consumo de dous anos. Unha situación que se agrava por un canón que se pon no municipio para penalizar a aqueles que consumen moita auga.l Segundo a popular a solución do concello antes estas queixas pasa por fraccionar en dous os pagos das facturas. Unha situación que non convence aos conservadores de Ribadumia, polo que presentaron unha queixa formal no concello. Os populares afirman que se deberían anular os recibos e crear unha mesa de asesoramento aos afectados para levar acabo a regularización do problema.
Inicio Salnés - Caldas