RIBEIRA> Un grupo de hostaleiros decidiu donar ó banco de alimentos tódolos productos que gardan nas despensas dos seus locais. Na actualidade xa hai uns trinta establecementos implicados.
Nestes momentos convulsos xorden numerosas iniciativas solidarias. Unha das últimas implica a un grupo e hostaleiros de Ribeira. Vendo coma os seus locais permanecen pechados dende hai varias semanas a consecuencia da crise do coronavirus, decidiron entregar ó banco de alimentos todos aqueles produtos que se atopan nas súas despensas e que agora non poden empregar para que lle sexan entregados a familias que si o necesiten.
Para levar a cabo a iniciativa, os hostaleiros contan tamén coa colaboración do Concello, que a través da agrupación de voluntarios de Protección Civil se encarga da recollida de víveres polos distintos locais e destinalos ó banco de alimentos.
Nun primeiro momento foron só un par de locais os que se implicaron coa iniciativa, pero cada vez vanse sumando máis, e a día de hoxe xa hai uns trinta establecementos colaborando.