O goberno de Boiro aproba en solitario a súa proposta de orzamentos

BOIRO> O executivo boirense sacou adiante a súa proposta de orzamentos no pleno da pasada tarde. Fíxoo cos votos a favor do grupo de goberno, a abstención do BNG e o rexeitamento de PP e Boiro Novo.

A corporación boirense celebraba este xoves un dos plenos máis importantes da lexislatura. Aínda que tan só se incluían dous puntos na orde do día, eran temas de especial relevancia. O primeiro, a aprobación inicial dos orzamentos que ascenden a máis de 17 millóns de euros.

O grupo socialista quedouse só na proposta. O BNG optou pola abstención ó entender que se trata dun orzamento inflado, moi por riba do investimento real previsto.

O PP e Boiro Novo votaron e contra alegando que os orzamentos chegan tarde e non atenden ás necesidades reais dos boirenses nin atenden a un plan de previsión dos recursos económicos do concello a medio prazo.

 

Inserto

 

Durante a sesión, aprobouse tamén a modificación puntual da RPT tan só cos votos a favor do PSOE e en contra de toda a oposición.