Vilanova Centro premia as compras de Nadal con vales, xamóns e viño

vilanovacentro copia.jpg VILANOVA> Os participantes na campaña de Nadal coñecerán se resultaron premiados no sorteo do 26 de decembro na Casa da Cultura de Esteiro.

{flowplayer}images/salnes/NADAL_VILANOVA_CENTRO_2011.flv{/flowplayer}

Trinta vales de compra valorados en 50 euros, 20 xamóns e outros tantos estuches con dúas botellas do albariño Rías Baixas Pazo Baión. Son os premios ós que poderán optar todos aqueles que este Nadal merquen nalgún dos establecementos asociados a Vilanova Centro. Con cada compra recibirán un boleto que deberán cubrir e depositalos nas urnas que atoparán nos mesmos comercios.

Os gañadores coñeceranse o luns 26 de decembro, cando terá lugar o sorteo na casa de cultura de Esteiro. A entrega dos premios serán tres días máis tarde, o 29, ás oito do serán no Pazo Baión.

Redacción Salnés