Aragunde: ‘En Cambados nin hai proxecto, nin goberno, nin xestión’

    CAMBADOS>

     

    Resignados ó seu papel de oposición, aínda que non afeitos, os integrantes do grupo municipal do Partido Popular de Cambados comparecían por primeira vez nesta lexislatura para valorar os cen primeiros días de goberno do cuadripartito. E a súa propia formación foi o primeiro contra o que lanzaron os seus dardos. A decisión de Cambados Pode de pactar cando levaba no seu programa electoral non facelo abriu a xeira de críticas.

     

     

    Di Luis Aragunde que no seu goberno só había dous políticos liberados con dous asesores fronte ós catro do actual executivo, goberno no que, segundo o popular hai cinco persoas mandando que non concordan entre elas, e a alcaldesa non ten ningunha capacidade de liderato.

     

    Sen acordo entre eles e xestionando actuacións que deixaron encamiñadas os populares. Aragunde exemplifica coa cuberta do campo da festa da Seca, o saneamento do Saco de Fefiñáns, o Centro de Día, o campo de fútbol artificial do Pombal ou a Praza de Abastos.

     

    Aragunde non perdeu ocasión de incidir no saneadas que deixaron as contas antes de saír do goberno.

     

    E non podía faltar no balance a Festa do Albariño, segundo os populares, unha celebración peor que a doutros anos. Desmenten que o cuatripartito contratara operarios a maiores para a limpeza.

     

    Tamén negan que o concello destinara 20.000 euros ó capítulo do serenísimo. Como moito 800 euros para a decoración do patio de armas. E os gastos de protocolo corrían a cargo do Consello Regulador. En canto ó xantar

     

    En conclusión, segundo Aragunde, nin hai proxecto, nin hai goberno nin hai xestión.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/02/PP_CAMBADOS.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/02/PP_CAMBADOS.mp4{/flowplayer}