Pontevedra convértese en cidade de compras e de redes sociais

PONTEVEDRA> Hoxe presentábase en Pontevedra unha nova campaña de promoción que presenta á cidade como un destino para ir de compras.

 

Como unha aposta polo pequeno comercio o Concello crea Pontevedra Capital shopping, a potenciación da cidade como lugar de referencia para comprar gracias ao seu entorno favorable.

A primeira das actividades que forman parte desta campaña será un desfile de moda con xente da rúa como modelos no que participan 5 tendas da cidade e que terá lugar mañá as 8 e media da tarde na rúa Rosalía de Castro.

Na súa misión de promover a cidade o Concello ven de abrir os seus propios perfís en varias redes sociais co nome de “Pontevédrate”. Con eles pretende difundir dun xeito amplo todas as actividades e xuntanzas que se fan en Pontevedra.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/01/pontevedrate_shopping.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/01/pontevedrate_shopping.mp4{/flowplayer}