A humanización de San Salvador entra no programa electoral do PP de Poio

POIO> O Partido Popular de Poio presentou esta mañá os seus plans para a parroquia de San Salvador. A formación ponse como obxectivo humanizar todo o núcleo, buscando financiamento a través do Plan de Acción contra a Contaminación Acústica da Xunta de Galicia. A súa proposta, aseguran, busca dar seguridade aos peóns sen esquecerse dos negocios e dos veciños.

O Partido Popular de Poio presentou esta mañá o seu proxecto de humanización para o núcleo de San Salvador. A formación aposta por unha actuación que dea protagonismo ás persoas e elimine as barreiras arquitectónicas.

Outro dos piares da proposta popular é manter o dobre sentido na avenida da Barca e na ponte.

En canto ao financiamento, Moldes adiantou que a súa intención é buscalo a través do Plan de acción contra a contaminación acústica da Xunta de Galicia.

O candidato popular asegurou que, de ser alcalde tralas eleccións do vindeiro 28 de maio, a humanización de San Salvador será unha realidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí