Decenas de nen@s desfrutaron esta mañá de contacontos e de visitas guiadas no Salón do Libro

Pontevedra> Decenas de escolares puideron desfrutar nesta xornada da décimo oitava edición do Salón do Libro. A través de obradoiross e de contacontos, estes estudantes puideron adentrarse no mundo da literatura e tamén descubrir a exposición na que participan máis de 50 centros da provincia. A décimo oitava edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil deixa moitas visitas ao longo destes días. Nesta mañá numerosos centros visitaron este punto da cidade do Lérez. Esta mañá Raquel Queizás foi a encargada de poñerlle voz a súa historia. Unha historia que conseguiu captar a atención do público máis esixente, os nenos, quenes se amosaron encantados de formar parte desta nova edición do Salón. As profes tamén dixeron estar mañá ser fans do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. E os monitores deste percorrido polo Salón dixeron que é unha das labores máis bonitas que fan cada ano. Ata o 2 de abril moita literatura en Pontevedra… Xa o saben toda a información en www.salondolibro.org {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/13/salon_libro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/13/salon_libro.mp4{/flowplayer}