A Xunta anima a consumir leite ‘Galega 100%’ como apoio ó sector gandeiro galego

SANTIAGO>

 

Axudar ó sector gandeiro galego a saír adiante e superar a crise dos prezos está tamén ó alcance dos consumidores. ¿Como? Adquirindo nos establecementos produtos lácteos identificados co selo ‘Galega 100%’. En agosto, a consellería do Medio Rural lanzaba esta campaña para que concellos e entidades locais se sumaran á promoción do produto autóctono como vía para axudar ó tecido produtivo galego. Esta mañá, Rosa Quintana presentou o selo ós municipios nun intento de que a iniciativa siga gañando peso.

 

 

Segundo Quintana, a posta en marcha desta campaña é unha mostra máis do apoio que a Xunta vén brindando ós produtos agroalimentarios galegos en xeral é ó sector leiteiro en particular.

 

O selo ‘Galega 100%’ identifica ó leite e produtos lácteos elaborados con materia prima galega e envasados en Galicia. O leite empregado procede en exclusiva de explotacións leiteiras que acada nde xeito continuado parámetros de calidade superiores ós esixidos pola normativa comunitaria.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/02/CAMPANA_LEITE_XUNTA..jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/02/CAMPANA_LEITE_XUNTA.mp4{/flowplayer}