Segunda xornada da Festa do Marisco de O Grove

    O GROVE> Onte daba comezo a Festa do Marisco do Grove e a carpa de degustación contou cunha grande afluencia de público dende o primeiro momento. Atraídos pola variedade de produtos do mar e cun amplo programa de actividades, persoas de toda España e do veciño Portugal se achegan ao Salnés durante estes días.

     

    52 anos de traxectoria dun evento gastronómico e cultural que pon en valor o traballo de mariñeiros e mariscadores e que aposta polo mellor produto vendido a prezos populares. Medio centenar de clases de peixes, cefalópodos, crustáceos e bivalvos que serán repartidos en centos de miles de racións preparadas na propia carpa. Cociña en vivo, concursos, concertos ou exhibicións acompañan ao gran protagonista destes trece días de festa, un marisco galego que non deixa indiferentes a locais e turistas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/02/festa_marisco_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/02/festa_marisco_grove.mp4{/flowplayer}