Tristeza entre os comerciantes e hostaleiros pontevedreses tras a cancelación da Feira Franca

PONTEVEDRA> A cancelación da Feira Franca terá grandes consecuencias para os comercios e hostaleiros pontevedreses. Esta festa é unha das máis importantes, a nivel económico, da cidade e, para moitos comerciantes é o seu chaleco salvavidas de cara ao inverno. A pesar diso, os empresarios locais aseguran que xa contaban con esta decisión.

Pontevedra non se trasladará este ano ao medievo. A evolución da situación epidemiolóxica en Galicia obrigou ao Concello a suspender a festa máis tradicional da cidade. As rúas non gozarán este ano do traballo dos artesáns e canteiros e tampouco da música dos xograres e artistas. Ademais, as damas e cabaleiros da Feira Franca deberán quedarse este ano nos seus castelos.

A Feira Franca é unha celebración na que se implican cada ano todos os pontevedreses e todos os sectores. Esta é a imaxe que deberían estar vivindo a estas alturas do ano os comercios da cidade. Así e todo, este verán a situación é moi distinta.

Con tristeza viven tamén esta cancelación os hostaleiros da cidade. Para moitos, a Feira Franca é a maior inxección económica do ano.

Este ano non poderemos estrear novos traxes e vestidos medievais pero Pontevedra agarda xa con ganas a próxima edición da Feira Franca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí