As escolas infantís celebraron hoxe a súa “volta ao cole”

Pontevedra> Setembro é un mes de volta á rutina, de volta das vacación e tamén de volta ao cole, hoxe tocoulle o turno aos máis pequeniños, aos alumnos das escolas infantís. O alcalde e a concelleira de Educación visitaron nesta xornada a Escola da Parda, un espazo onde tanto pais como pequenos se amosaron encantados con esta volta á rutina.

Coa chegada de setembro toca volver ás rutinas, e os primeiros en facelo son os alumnos das escolas infantís de toda Galicia que hoxe comezaron as súas clases cunha xornada de portas abertas.

Os pais encantados coa volta á guarde…

Xa que as rutinas e horarios son necesarios despois de pasar un mes, ou dous, desfrutando do tempo libre e o verán.

Unha escola Infantil, esta que visitaron nesta xornada o alcalde e a concelleira de Educación, que é a máis grande de Galicia, conta con 120 alumnos e 23 profesoras.

Unha escola que realizou os seus traballos no verán e que tamén conta con algunha que outra demanda.

O concello de Pontevedra oferta máis de 400 prazas en escolas infantís na cidade, un número insuficiente, xa que outras tantas familias quedan en lista de agarda e teñen que bucar outras alternativas.

A partires de mañá comezarán oficialmente o período de adaptación. Un periodo que agardamos sexa levadeiro e positivo tanto para os peques, como para as súas familias e as profes. Feliz inicio de curso.