A Deputación pon en marcha o seu propio Servizo de Emprego

PONTEVEDRA> Precisamente, o emprego centrou a rolda de prensa posterior á xunta de goberno da Deputación de Pontevedra. A presidenta provincial expresou a súa preocupación polo incremento das cifras do paro, e aproveitou para anunciar a posta en marcha do Servizo de Emprego do goberno provincial. A área encargarase de xestionar todas as iniciativas dirixidas a fomentar o emprego da Deputación.

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra insiste en que o emprego é unha das liñas de actuación prioritarias para o seu goberno. Para canalizar os esforzos neste área, o organismo provincial ven de pór en marcha un Servizo de Emprego propio.

Actualmente, o servizo xa está a traballar en programas como o Depo Emprega. Un plan cun orzamento de 330 mil euros que beneficia a 110 persoas desempregadas.

Tamén está en marcha un obradoiro para 15 persoas sobre atención socio-sanitaria dirixida ao coidado de maiores. Neste caso, os participantes teñen un contrato de formación e perciben o salario mínimo interprofesional.

Pero unha das medidas máis anunciadas por este goberno é o plan de emprego para os concellos da provincia para os meses de novembro e decembro. Carmela Silva anunciou que 30 municipios xa solicitaron adherirse.

A parte destes plans, o Servizo de Emprego está a ser o responsable doutras tres accións formativas sobre Mecanizados de madeira, Formación Turística local e Animación Físico-Deportiva, e de coordinar o Programa Practicum; acción orientada a completar a formación dos mozos no estranxeiro. Os primeiros 42 alumnos titulados de FP marcharán nas vindeiras semanas a Italia e Reino Unido.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/02/carmela_silva_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/02/carmela_silva_deputacion.mp4{/flowplayer}