Barbanza Arousa divulga o camiño ‘A Orixe’ cun ciclo de charlas de temática xacobea

A POBRA> Este sábado arranca na Pobra o ciclo de charlas sobre o fenómeno xacobeo promovido pola Mancomunidade Barbanza Arousa e a Asociación de Amigos do Camiño A Orixe. O obxectivo é divulgar a importancia desta ruta entre a poboación local.

O Cine Elma acollerá mañá ás oito e cuarto a primeira das charlas de temática xacobea que percorrerán os catro concellos. Será a cargo de Manuel Fernández Rodríguez quen analizará ‘A Translatio no fenómeno xacobeo’.

Este ciclo está organizado pola asociación de Amigos do Camiño A Orixe e e Mancomunidade Barbanza Arousa. Ámbalas dúas entidades destacan a importancia deste tipo de iniciativas posto que aportan novos puntos de vista do camiño de Santiago e axudan a transmitir a súa gran relevancia histórica e social entre a poboación local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí