Escasas incidencias no primeiro temporal de outono

    BARBANZA> O primeiro temporal do outono deixouse sentir no Barbanza, con máis forza na mar que en terra. A incidencia máis destacada rexistrouse este domingo cando o forte vento arrastrou un mercante dende A Pobra ata o porto de Cabo de Cruz. A fonda borrasca que azouta á comunidade dende o domingo deixou un regueiro de incidencias na comarca do Barbanza. Afortunadamente, trátase de intervencións menores referidas principalmente a anegamentos en varias estradas e caída de ramas. Aínda que a flota permaneceu amarrada, o temporal causou algún susto no mar. O forte vento arrastrou un mercante fondeado na Pobra que permaneceu á deriva ata que fondeou no porto de Cabo de Cruz. Na ría de Muros Noia, a chuvia provocou o afundimento de varias embarcacións auxiliares. Malia que se prevé que a borrasca comece a remitir a partir do martes, manterase aínda a alerta amarela en todo o litoral. A medida que avance a semana, Galicia recuperará a estabilidade coa entrada das altas presións. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/05/incidencias_temporal_barbanza_0510151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/05/incidencias_temporal_barbanza_051015.mp4{/flowplayer}