A Xunta traslada ós representantes da cadea Mar-Industria a Lei de Ordenación do Litoral

BARBANZA> A Conselleira do Mar mantivo unha xuntanza con representantes da cadea Mar-Industria para anilzar o anteproxecto de lei de Ordenación do litoral de Galicia coa fin de incoirproar novas cuestións ó texto normativo. O obxectivo desta lei é aportar seguridade xurídica ó sector para facer fronte ós continuos atrancos derivados das normas impostas dende o goberno central que poñen en perigo a continuidade destas empresas na costa.

Con esta lei, a Xunta pretende regular os usos e actividades no litoral afastándose de interpretacións restritivas, a través dunha definición clara e adaptada ás singularidades de Galicia especialemnte no que respecta a actividades estratéxicas para o desenvolvemento económico do litoral.

Rosa Quintana animoou ó sector a participar activamente na aleboración da lei realizando achegas ó anteproxecto que permanecerá en trámite de información pública ata o 20 nde xaneiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí