O Concello de Pontevedra nega calquer tipo de influencia nas contratacións de Cespa

PONTEVEDRA> Tralas informacións que apareceron esta fin de semana coas últimas novidades na coñecida como Operación Patos, o voceiro do Concello de Pontevedra apresurouse a asegurar que o propio grupo de goberno quere que se investigue, coa maior transparencia pola súa parte; Raimundo González informou ademais da aprobación do convenio de pagamento con SOGAMA que se firmará esta semana. 

 

O pasado xoves agregábase ao sumario da Operación un informe dos axentes que documentaba a intervención nas instalacións de Cespa dunha listaxe de persoas presuntamente “enchufadas” cos nomes dos políticos que solicitaron a súa contratación. Na lista de catorce nomes aparecen como supostos “mentores” o Alcalde de Pontevedra, a Tenente de Alcalde ou o propio voceiro do goberno local quen declaraba esta maña aos medios que o grupo de goberno será o primeiro en colaborar coa administración de Xustiza.

Raimundo González sinalou tamén a aprobación do convenio polo que pagará finalmente a SOGAMA máis de 5 millóns 50 mil euros, un acordo ao que chegaron coa empresa e co que se aforrarán máis de 800 mil euros en intereses. 

A partir de xaneiro de 2016 entrará en vigor o canon único que facilitará a Pontevedra a creación dunha planta de compost  para tratar boa parte dos residuos que actualmente envía a SOGAMA.

Tralo anuncio, o PP de Pontevedra fixo pública a súa petición a Fernández Lores para que dedique a suma aforrada a gasto social.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/05/xgl_ponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/05/xgl_ponte.mp4{/flowplayer}