Que opinan os pontevedreses da súa decoración de Nadal?

PONTEVEDRA> O espírito do Nadal xa chegou a Pontevedra. As luces iluminan as prazas e as rúas da cidade, que destinou 115 mil euros na campaña deste ano. Pero que opinan os pontevedreses da decoración da cidade? Hoxe llelo preguntamos.

Tendo Vigo como veciña, as comparacións parecían inevitables. Pontevedra encendeu o pasado venres as súas luces de Nadal.

A proposta capitalina é moito máis modesta que a aposta de Abel Caballero: os 115 mil euros do goberno de Miguel Anxo Fernández Lores fronte os máis de 800 mil do socialista vigués. Para o concello de Pontevedra, o gusto está na racionalidade.

Catro árbores, dúas bolas xigantes e 386 motivos decorativos repartidos por toda a cidade. Este ano hai máis zonas con luces e máis luces nas zonas nas que xa as había.

E aínda que nunca chove a gusto de todos…

… para outros, os encantos pontevedreses van máis aló das luces de Nadal.