Aprobada a subida da peaxe da AP-9

PONTEVEDRA> A AP-9 converterase nunha das autoestradas máis cara de todo o Estado a partires do 1 de xaneiro. O Consello de Ministros autorizou unha subida do 2,64% da peaxe. Un dos incrementos máis altos de todo o panorama nacional. Deste xeito, o custe total por viaxar entre A Coruña e Vigo será de 16,85 euros. 45 céntimos máis que ata o de agora.

Esta autoestrada converterase no 2020 nunha das máis cara de todo o Estado. O Consello de Ministros autorizou, o pasado venres, un incremento do 2,64% desta peaxe. Deste xeito, dende o 1 de xaneiro o traxecto entre A Coruña e Vigo pasará a custar 16,85 euros. 45 céntimos máis que ata o de agora. O Concello de Pontevedra aprobou esta mañá “un enérxico rexeitamento” a esta subida.

O malestar do goberno local trasladouse tamén a rúa. Son moitas as persoas que pagan cada día a peaxe entre Pontevedra e Vigo. Un traxecto que pasará de custar 3,90 a 4 euros. Un incremento que foi recibido así entre a cidadanía.

Audasa, pola súa banda, respondeu as críticas da cidadanía recordando que os novos prezos están moi por debaixo da media das autopistas do Estado. Pero o certo é que a partires do 1 de xaneiro, os usuarios que queiran circular pola Autopista do Atlántico gastaranse máis nas peaxes que na propia gasolina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí