O Surfing the Lérez programa un cartel ‘exclusivamente galego’ para o seu regreso trala pandemia

PONTEVEDRA> Volve a romaría urbana de Pontevedra. Tras dos meses de paro, Pontevedra recupera o Surfing do Lérez e faino cun selo pontevedrés máis marcado ca nunca. A cita aproveita o festivo de San Xoán para gañar un día, e desenvolverase entre os días 23 e 25 de xuño. Con concertos e actividades dirixidos para todos os públicos, mantendo a entrada solidaria en favor de Rede Axuda.

Pontevedra xa botaba en falta a súa romaría urbana. Este mes de xuño volve á Illa do Cobo o Surfing The Lérez.

Nesta edición, a décima, o Surfing gaña un día. A súa programación aprovéitase do festivo do 24 de xuño, día de San Xoán, para comezar o 23 pola tarde e prolongarse ata a noite do sábado 25. Tres días de música cun marcado selo pontevedrés.

O xoves 23 o cartel centrarase nos ritmos urbanos, con nomes como Ortiga e Budiño. Ademais, a organización celebrará a noite de San Xoán cunha sardiñada popular. O venres 24 volverá o rock and roll.

O sábado 25 pola Illa do Cobo pasarán algunhas das bandas máis importantes do panorama musical galego, como Grande Amore, Berto ou Familia Caamagno. Ademais, o Surfing non renuncia ao seu carácter familiar.

O Surfing the Lérez completa a súa programación co mercado artesanal e coa oferta gastronómica, que este ano tamén será moi pontevedrés coa presenza de restaurantes da cidade.

A entrada terá carácter solidario. Non haberá que pagar para acceder ao festival, pero os asistentes poderán entregar alimentos non perecedoiros para a Rede Axuda municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí