123 estudantes participarán no programa Erasmus+ co que colabora a Deputación

PONTEVEDRA> 123 estudantes participarán no programa Erasmus+ no que colabora a Deputación de Pontevedra. En dúas quendas os mozos e mozas da provincia poderán traballar durante seis meses en países coma Finlandia, Francia, Reino Unido ou Italia.

 

A primeira mobilidade comezará este 19 de outubro e durará ata o 30 de abril de 2016. 41 mozos que remataron hai menos dun ano os seus estudos de FP viaxarán a Reino Unido e Italia gracias ao Practicum Depo . Alí poderán vivir unha inmersión lingüística e cultural mentres traballan en empresas estranxeiras incrementando, desta forma, as súas posibilidades de inserción no mercado laboral.

Un total de 18 centros da provincia inclúense dentro deste programa que se presentaba hoxe aos elixidos nunhas Xornadas de Preparación nas que os puxeron ao tanto da situación laboral, cultural e sanitaria dos dous países. Cada un deles recibirá unha axuda económica de entre 8.000 e 10.000 euros para a viaxe, o aloxamento, a manutención e os transportes. En outubro de 2016 marcharán os outros 82.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/09/practicas_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/09/practicas_deputacion.mp4{/flowplayer}