Se queres axudar a investigación contra o cancro esta é a tua oportunidade…

Pontevedra> Esta mañá o alcalde de Pontevedra reuniuse co xefe do servizo de Oncoloxía do Hospital  Clínico de Santiago. O obxectivo deste encontro é o de dar a coñecer o programa de investigación do cancro a través da biopsia líquida que lanzan dende o CHUS. Unha iniciativa que está na procura de 500 mil euros de financiamento a través desta campaña de micromecenazgo. 

 

90 días para conseguir 500 mil euros ese é o obxectivo o que se lanzan dende o Hospital Clínico de Santiago co fin de obter fondos para levar a cabo novas investigacións a través da técnica da biopsia líquida, que consiste, tal e como nos dixo esta mañá o xefe do servizo de oncoloxía do CHUS, en espiar ao tumor. 

Unha campaña moi importante que dende o concello tamén quixeron divulgar, xa que todos os que o desexen poden colaborar con esta importante iniciativa aportando o seu graniño de area. 

De momento, nos 25 días que levan de campaña, lograron 80 mil euros, queda todavía tempo para chegar aos 500 mil que queren obter para levar a cabo esta investigación que os situaría como pioneiros en Europa. Os interesados en aportar bens a esta causa teñen toda a información en www.oncomet.es . Para os que estean pensando en realizar unha aportación de máis de 150 euros deben saber que facenda realizaralles unha dedución do 75 por cento. O que significa que dos 150 que ingreses para a causa, ao grupo de investigación chegaralles o importe íntegro pero facenda a vostede devolveralle 100. Un dato importante a ter en conta neste caso. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/07/investigacion_cancro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/07/investigacion_cancro.mp4{/flowplayer}