Poio acollerá a Copa Galicia de BTT XCO

POIO> As probas decisivas da Copa Galicia de BTT cross country olímpico disputaranse en Poio. O Club Ciclismo Triatlón Poio e o concello organizan a décimo primeira edición do Open BTT Concello de Poio. O evento terá lugar o domingo a partir das 11 en Sameira.

O Club Ciclismo Triatlón  e o concello de Poio organizan unha nova edición do Open BTT Concello de Poio. Con este xa serán 11 os campionatos disputados. Unha proba asentada na vila e que cada vez ten máis afeccionados.

A gran novidade deste ano é que será a última das 7 probas da Copa Galicia. O campionato de Poio será chave xa o xa que os campións da comunidade decidiranse en Sameira.

O prazo de inscrición pechouse hoxe con máis de 130 ciclistas rexistrados. O aumento dos participantes é debido as modificacións que os organizadores fixeron no circuíto para facelo máis accesible.

Outras das novidades deste campionato é que da clasificación final sairán os seleccionados pola selección autonómica para o campionato de España.

O campionato dividirase en varias categorías dende cadetes ata máster, sendo os primeiros os únicos que non compiten na Copa galega. O campionato comezará as 11 nas inmediacións do campo de Sameira.