Silva mediará ante a Xunta para reclamar o centro de saúde para A Illa

    A ILLA> Deixando de lado as tensións internas do partido, a presidenta da Deputación realizou a primeira visita institucional á Illa de Arousa. Nun encontro co alcalde, Carmela Silva recolleu as reclamacións do concello, e comprometeuse a facer de intermediaria entre o goberno local e os autonómico e central para reclamar dous proxectos que cualificou como fundamentais: un centro de saúde e a rehabilitación das casas modernistas.

     

    A construción dun centro de saúde para A Illa de Arousa estará na listaxe de reclamacións que a presidenta da Deputación trasladará ao seu homólogo da Xunta.

    Non será a única administración ante a que Silva fará de intermediaria. A presidenta provincial tamén se dirixirá ao goberno central para reclamar a rehabilitación das tres vivendas modernistas. O proxecto, que fora aprobado polo goberno de Zapatero, está agora nun caixón.

    Na súa primeira visita institucional á Illa, o Plan de Emprego tamén estivo sobre a mesa. O alcalde aproveitou para pedir no futuro máis flexibilidade nas xornadas e no número de empregos.

    No eido das infraestruturas, Carlos Iglesias fixo fincapé noutras carencias do concello, entre elas un pavillón de deportes. Silva atribuíu esta falta ao reparto arbitrario de fondos dos seus predecesores, e comprometeuse a estudar as necisidades.

    Sobre o Centro de Usos Náuticos, Silva asegurou que tanto a licitación como o arranque das obras serán inminentes.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/13/visita_carmela_illa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/13/visita_carmela_illa.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí