A área de Igualdade de Boiro pon en marcha un programa de lecer e movemento en familia

BOIRO> Ata un total de seis actividades integran o programa ‘Miscelánea en Movemento’ que vén de por en marcha a concellería de Igualdade. Inclúense piragua dragón, andainas, bolos tradicionais e iniciación ó running.

Outra das propostas será pilates. Aínda que esta actividade, ó contrario que as outras que se organizan, si terá un custe, pois irá a beneficio da Asociación Contra o Cancro. Será o sábado 22 de outubro ás cinco da tarde no pavillón de Barraña.

Para o bo desenvolvemento das actividades e que poidan asistir tamén o maior número de persoas posible desenvolveranse tamén obradoiros de conciliación.

As persoas interesadas poden obter máis información e realizar as correspondentes inscricións, de xeito presencial, no Centro de Información á Muller, na casa do Concello,ou ben no teléfono 981-84 99 60 ou no enderezo electrónico cim@boiro.org.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí