Pontevedra celebra o Día Mundial contra o Cancro de Mama

PONTEVEDRA> Hoxe celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Mamá e numerosas institucións quixeron renderlle homenaxe a todas as mulleres que padecen esta enfermidade. A Deputación de Pontevedra, coa súa presidenta á fronte, achegábase esta mañá á carpa que a Asociación Española contra o Cancro tiña instalada na Praza da Peregrina para amosar así o seu apoio.

 

O rosa convertíase hoxe na cor de homes e mulleres que dicían ao mundo “non ao cancro de mamá”. Un día no calendario para loitar contra a primeira causa de mortalidade por cancro nas mulleres, aínda que cada vez son máis as que conseguen superalo.

Acompañada de varios dos seus deputados, Carmela Silva visitou a carpa da Asociación Española Concra o Cancro e lamentou que España figure na cola da Unión Europea no financiamento de investigación e prevención deste cancro. A presidenta da Deputación reclamou ao goberno de España e á Xunta de Galicia un maior investimento pola súa parte.

A presidenta provincial da Asociación Española Contra o Cancro tamén quixo facer fincapé en todos os proxectos e ensaios clínicos que agora mesmo están parados pola falta de financiamento e lembrou a importancia das revisións preventivas para a detección do cancro.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/19/dia_cancro_mama.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/19/dia_cancro_mama.mp4{/flowplayer}