A promoción da compostaxe protagoniza a previa do Día Mundial do Medio Ambiente

PONTEVEDRA> Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente, o concello de Pontevedra aposta polo fomento da compostaxe. Dende unha carpa instalada na praza da Peregrina, os veciños poden informarse sobre as distintas posibilidades para tratar os residuos domésticos. Máis de 3000 fogares do municipio xa participan do plan Composta.

Compostaxe individual, composteiro comunitario ou empregar os colectores marróns do Plan Composta. Calquera opción é válida para tratar os nosos refugallos orgánicos. O importante é escoller a compostaxe.

Para ir mentalizándonos, o concello de Pontevedra instalou hoxe unha carpa na praza da Peregrina co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente.

Celebran o éxito que están a ter na súa intención de estender a compostaxe a todo o municipio, e cada vez son máis os cidadáns que se comprometen coa separación de residuos.

A opción máis novidosa é a dos colectores marróns do Plan Composta. Pensada, sobre todo, para facilitar a compostaxe ás persoas que viven en pisos.

A carpa volverá instalarse os venres 4 e 11 de xuño, en horario de 11.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

A promoción da compostaxe protagoniza a previa do Día Mundial do Medio Ambiente

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí