A Xunta inviste máis de cen mil euros na mellora de varios camiños en Lousame

    LOUSAME> A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, xunto á alcaldesa, Teresa Villaverde, supervisou esta mañá os traballos levados a cabo en Seixido, no cruce de Arxellas e Cambroño, entre outros. A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou esta mañá Lousame para supervisar, xunto coa alcaldesa, Teresa Villaverde, o proxecto de reparación de varios camiños rurais. Trátase dunha actuación enmarcada dentro do plan marco de mellora de camiños rurais de titularidade municipal correspondente ó exercicio 2014-2015, impulsado pola consellería do Medio Rural, no que se investiron máis de cen mil euros. Os traballos leváronse a cabo nas vías que unen Seixido e Filgueira, Seixido e Ces, o cruce de Arxellas e Cambroño e Mirón e Lesende.