Pontevedra triunfa coa organización da Copa do Mundo de Tríatlon

PONTEVEDRA> Pontevedra triunfa coa organización da Copa do Mundo de tríatlon. Miles de seareiros achegáronse á boa vila para gozar da celebración dunha nova xornada do mundial. A cita deixou ademais un dobrete na clasificación masculina coa vitoria de Sergio Baxet e o segundo posto do vigués Antonio Serrat.

Pontevedra vestiuse de gala para acoller esta fin de semana o campionato do mundo de tríatlon xacobeo 21 22. A boa vila estase convertendo nunha cita habitual dentro do calendario anual deste deporte, e este ano acolleu a celebración dunha proba do campionato mundial. Os propios deportistas destacan as calidades do seu percorrido.

Non só os triatletas destacaron as calidades do circuíto pontevedrés, tamén miles de seareiros se achegaron a gozar coa cita.

A cita deixou como gañadora na proba feminina á checa Petra Kurikova e na masculina o dobrete do tríatlon español con Sergio Baxter campión e o vigués Antonio Serrat segundo. O pontevedrés Gómez Noya destacou o nivel dos españoles.

A cita serve como antesala da proba que Pontevedra acollerá o vindeiro ano. A boa vila demostrou estar preparada para celebrar a gran final das series mundiais do 2023.