A xornalista Alba Lago, madriña da Gran Recollida 2022 do Banco de Alimentos

PONTEVEDRA> A Gran Recollida do Banco de Alimentos xa ten madriña. A xornalista e presentadora de informativos Telecinco, Alba Lago, súmase este ano á listaxe de caras coñecidas que cada ano apoian esta campaña tan importante para a ONG. Hoxe foi presentada en Pontevedra. A Gran Recollida será os días 25 e 26 de novembro.

A xornalista viguesa Alba Lago será a madriña da Gran Recollida do Banco de Alimentos este 2022.

Hoxe estivo na sede que a ONG ten en Pontevedra. Unha oportunidade que aproveitou para facer un chamamento á poboación a que participe na campaña dos días 25 e 26 de novembro. Ben como voluntarios, ben facendo doazóns.

Neste momento, o Banco de Alimentos atende a preto de 20.000 persoas na provincia de Pontevedra. Hoxe insistiron no lema da Gran Recollida deste ano: ‘Comer non pode ser un luxo’.

Dende o Banco de Alimentos recordan que para que a Gran Recollida sexa posible é imprescindible contar con voluntarios para os días 25 e 26 de novembro. Son necesarias ao redor de 500 persoas que estarán nos diferentes supermercados para recoller as doazóns e ofrecer información sobre a campaña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí