Deputación e concello queren recorrer a fondos europeos para axudar o sector do mar

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/20/pta_deputacion_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/20/pta_deputacion_cambados.mp4{/flowplayer}

CAMBADOS> Os problemas que atravesa o sector do mar non son alleos en Cambados. O equipo de goberno aproveitou un encontro coa presidenta da Deputación de Pontevedra para trasladarlle a necesidade de apoiar os seus traballadores. Carmela Silva comprometeuse a mediar ante a Xunta para que incremente o respaldo aos mariñeiros, e a solicitar fondos a Europa para poñer en marcha plans que vaian nesta liña. Tamén anunciou que agarda manter un encontro coas confrarías para coñecer de primeira man a súa situación.

Na reunión de traballo entre o equipo de goberno de Cambados e a presidenta da Deputación, os problemas do sector do mar estiveron na axenda. A intención das institucións é pór en marcha plans de apoio aos mariñeiros, na liña do proposto a semana pasada pola asociación UPTA para recolocar aos que quedaran sen traballo. Para elo, recorrerán a fondos europeos.

Entre os plans da presidenta tamén está manter unha reunión coas confrarías para coñecer de primeira man as súas dificultades.

No encontro tamén abordaron os problemas do recentemente inaugurado pavillón do Instituto Ramón Cabanillas. A dirección do centro ven de denunciar que a auga se filtra no interior.

Outra cuestión que depende da Deputación son as obras para a cuberta da piscina do pavillón de O Pombal. Carmela Silva recordou que o seu goberno aprobou a contratación do 9 de outubro, pero os traballos non arrancarán ata primavera por petición da concesionaria.

Como xa sucedera noutros encontros, Abal pediu á presidenta que a Deputación desenvolva un servizo de apoio xurídico e técnico para os funcionarios do concello, ademais de maior flexibilidade no plan de emprego que o goberno provincial porá en marcha no 2016.