BOIRO> O concello de Boiro vén de sacar a licitación a adxudicación dos postos vacantes no mercado ambulante. Son en total 15 puntos de venda de sectores variados como téxtil, calzado, alimentación ou plantas.
Os interesados en optar a algúns dos postos vacantes no mercado ambulante de Boiro xa poden presentar no rexistro xeral do concello a solicitude para concorrer á licitación. Son en total 15 postos: 2 de alimentación, 3 de frotas e verduras, 3 de complementos, 6 de téxtil e calzado e 1 de plantas.
O obxectivo é encher os ocos baleiros que foron quedando no mercado, dende que en 2019 se trasladara á avenida da Constitución, para seguir ampliando a oferta e dinamizando todo o tecido comercial da vila.
O prazo para a presentación das ofertas é de 15 días naturais. Os pregos e toda a documentación relativa ó procedemento pódese consultar na web municipal boiro.gal.











