Os ex-empregados de Catoira poñen fin ó proceso de paz social

    foto_cedonosa_100.jpgCATOIRA> Esta tarde os oitenta xa ex-empregados da fábrica de Gres Cedonosa de Catoira, reuníronse co director da empresa para intentar chegar…

     {flowplayer}images/salnes/130309_cedonosa.flv{/flowplayer}

    … a un acordo sobre como e cando cobrar as indemnizacións e finiquitos. Nesta xuntanza, o director Juan Carlos Lumbreras de Azanza intentou rebaixar a oferta inicial prometida sobre os cobros, un asunto ó que se negaron os traballadores. O clima da reunión foi moi tenso posto que os empregados ven que cada vez lles ofrecen unha solución menos satisfactoria. Tampouco axudou nada que moitos clientes particulares estivesen a comprar mercadoría desta empresa diante deles mentres negociaban; e que o director se dirixise a eles en todo momento cun cumprido sorriso permanente.

    Así as cousas, os empregados aseguran sentirse enganados polos sindicatos e declaran rematado proceso de paz social. Agora reivindican unha próxima entrevista cos administradores concursais, cuxa data non dá chegado.

    Redacción Salnés