A nova rotonda de Xuño estará operativa en novembro

PORTO DO SON> A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, quixo coñecer de primeira man a marcha das obras da nova glorieta da estrada AC-550 na parroquia sonense de Xuño.

A actuación, na que a Xunta investirá máis de 322 mil euros, permitirá mellorar a seguridade viaria nesa contorna na que conflúe unha intersección con alta densidade de tráfico.

Segundo ela, se todo marcha segundo o previsto, os traballos poderán estar rematados xa o vindeiro mes de novembro.

O alcalde sonense, Luis Oujo, agradeceu o investimento realizado pola Xunta nesta actuación, que responde a unha solicitude do Concello, e que se suma a unha intervención semellante realizada tamén en Portosín.

A conselleira de Infraestruturas aproveitou tamén a visita para avanzar outras actuacións importantes no municipio, como é o caso da nova depuradora de Queiruga, cuxo documento técnico se está a rematar, para poder sacar canto antes a licitación a obra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí