OUTES> Hai uns días presentábase en Outes o Internatural 2022. Un evento deportivo organizado conxuntamente polo Centro Deportivo Ludus e o Natural Sport que se desenvolverá na localidade do 27 ó 30 deste mes de decembro.
Ó longo das xornadas combinarase exhibición, competición e formación, coa presenza neste último apartado dos actuais seleccionadores franceses, Rosendo e Gulsah Alonso.
Colaboran coa iniciativa tanto a Federación Galega de Taekwondo coma o propio Concello.
O último día está prevista tamén a realización dunha gran festa final de Nadal, á que dende a organización animan a acudir a toda a veciñanza que o desexe, na que haberá inchables para os máis pequenos, diversos obradoiros e incluso a visita dun paxe real.