O BNG da Pobra presenta as súas propostas ó POS e ó PAS

    POBRA> Con cargo ó o Plan de Obras e Servizos piden a realización do saneamento entre Cadreche e Ouxo e a mellora e ampliación do camiño de Entrehortas. En canto ó Plan de Acción Social reclaman a mellora da accesibilidade ós muíños de Pontebarbanza e tamén a instalación dunha cuberta no parque infantil da Treixadura, no Lagar. Os nacionalistas pobrenses presentaron hoxe publicamente as propostas, que ó seu xuízo, deberían incluirse na relación de obras que o Concello remitirá a Deputación da Coruña para a súa execución con cargo ós plans provinciais do ano que vén, no que lle corresponden un 471 mil euros. En total serán catro. Dúas para o Plan de Acción Social e outras dúas para o Plan de Obras e Servizos. No primeiro dos casos solicitan a instalación dunha cuberta para o parque da Treixadura, no barrio do Lagar, e a outra para a mellora da accesibilidade ós muíños de Pontebarbanza, para converter este espazo nun centro social para uso e disfrute dos veciños da zona. As outras dúas propostas irían con cargo ó Plan de Obras e Servizos. Trátase do proxecto de mellora e ampliación do camiño de Entrehortas e tamén o saneamento entre Cadreche e Ouxo.