
PONTEVEDRA>
Pontevedra será a única cidade galega e unha das 14 españolas que participe este venres no Cumio do Clima que se celebra en París. Asinarán todas a súa adhesión a unha rede de cidades comprometidas co medio ambiente, prometendo tomar máis medidas para reducir as emisións contaminantes nos espazos urbanos.
O deseño de cidade segue traendo boas novas a Pontevedra e este venres a localidade será a única galega e unha das 14 españolas que participarán no Cumio do Clima de París para reforzar o seu compromiso co medio ambiente.
O compromiso de seguir traballando nesta liña quedará rubricado no documento que Pontevedra e as demais cidades españolas asinarán en París. A invitación para que a capital pontevedresa estea nesa cita partiu de Michael Bloomberg, enviado especial de Nacións Unidas para o cambio climático, e da propia alcaldesa de París, Anne Hidalgo.
Xunto ó alcalde, asistirá á cita do venres o enxeñeiro xefe do concello.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/02/pontevedraclima.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/02/PONTEVEDRA_CUMIO_CLIMA.mp4{/flowplayer}











