O Carlos Oroza incorpora as últimas tecnoloxías para buscar a vocación do seu alumnado de Servizos

PONTEVEDRA> Novo proxecto de innovación posto en marcha polo Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra. Desta volta, a proposta pasa pola posta en marcha un Laboratorio de Servizos 5.0; unha iniciativa que ten como obxectivo transformar a formación nos servizos de restauración a través de metodoloxías activas e tecnoloxías avanzadas. Hoxe o centro celebrou unha xornada de portas abertas para dar a coñecer este proxecto.

O Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza conta xa cun novo espazo para formar ao seu alumnado. Trátase dun Laboratorio de Servizos 5.0, que conta con toda a tecnoloxía para recrear situacións reais de traballo.

Neste espazo, profesorado e alumando poderán botar man de ferramentas como a realidade virtual, a intelixencia artificial aplicada ao maridaxe, estacións de barismo, sumillería e mixioloxía, ou espazos de showcooking. Todo pensado para formar aos profesionais do futuro.

Os primeiros en formarse foron os profesores. Participaron en diferentes xornadas para saber como incorporar ao ensino estas novas ferramentas.

Hoxe foi a posta de longo deste proxecto. O Carlos Oroza celebrou unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a profesionais do sector hostaleiro e exalumnos do centro estas novas ferramentas.

Con este Laboratorio de Servizos 5.0, o centro pontevedrés dá un paso máis no seu traballo para que o persoal de sala sexan recoñecidos como profesionais altamente cualificados, con habilitades técnicas e competencias humanas fundamentais para ofrecer unha experiencia de calidade.

A iniciativa Servizos 5.0 foi desenvolvida xunto aos centros de excelencia en hostalería San Cristóbal de Gran Canarias, Hurtado de Mendoza de Granada e Camino de Santiago da Rioxa.